Inicio Carballo ao día Hemeroteca A praia de Razo vístese de surf e...

OS VASCOS DELOREAN SON OS CABEZA DE CARTEL

A praia de Razo vístese de surf e música alternativa coa novena edición do Festival Sereas e Piratas: o sábado 2 de agosto

Xoves 31 de xullo do 2014

Respecto dos prezos e a venda de entradas, anticipadamente poden adquirirse por 12 euros: en Carballo en pub O Patacón, no Belle Epoque e na tenda Teirón; en Malpica no Submarino; na Coruña en Portobello; e en Santiago en A Reixa tenda. A entrada en taquilla o 2 de agosto custa 15 euros. Como en anos anteriores, haberá un espazo reservado para a acampada gratuíta dos asistentes. Os interesados/as en obter máis información sobre o festival, sobre a maneira de participar nas actividades deportivas como o skate, o suf e o volei-praia, ou en contactar coa organización, poden facelo visitando o web do Sereas e Piratas, e tamén a través das redes sociais en Facebook, Twitter e Instagram. Ademais, os interesados e interesadas poden ver o vídeo promocional do festival a través de Youtube nesta mesma nova.

Compartir: