Inicio Carballo ao día Hemeroteca A notificación da Xunta sobre o...

SÓ SERÍA NECESARIO PARA A POSTA EN MARCHA DE NOVOS SERVIZOS

A notificación da Xunta sobre o Conservatorio afirma que non é preciso informe algún para que continúe a actividade do centro

Luns 4 de agosto do 2014

Hai que lembrar que o Concello carballés estaba pendente do informe favorable da administración autonómica, non só para darlle continuidade ao servizo, senón tamén para formalizar a aprobación definitiva da Ordenanza fiscal nº 18 reguladora das taxas do Conservatorio Profesional de Música de Carballo para o curso 2014-2015, aprobada provisionalmente na sesión plenaria do 26 de maio deste ano e na que se recollen os novos prezos das taxas para o próximo curso, cunha suba dun cinco por cento para reducir o déficit do servizo (cifrado en 198.165,26 euros, asumidos na súa totalidade polas arcas municipais). Os interesados e interesadas poden consultar nesta mesma nova en pdf a notificación emitida polo Director Xeral de Administración Local.

Compartir: