Inicio Carballo ao día Hemeroteca O investimento do Concello nos últimos...

SON ACTUACIÓNS EN VÍAS ESTRUTURANTES, SECUNDARIAS E FORESTAIS

O investimento do Concello nos últimos dous anos na mellora da rede viaria tanto rural como urbana supera os tres millóns de euros

Venres 8 de agosto do 2014

Entre os proxectos previstos, hai que mencionar a aprobación recentemente en Xunta de Goberno de tres contratos administrativos de obras por un importe total de 663.907,31 euros para realizar traballos de mellora e reparación de vías e de ampliación e rebacheo de camiños nas parroquias de Lema, Noicela, Oza, Bértoa, Sísamo, Goiáns, Sofán, Berdillo e Carballo. Todos eles están incluídos no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (POS 2014) da Deputación provincial da Coruña. O primeiro deles é o Contrato administrativo de obras de "Ampliación e reparación en varios viais estruturantes das parroquias de Noicela, Lema, Oza, Bértoa, Sísamo e Goiáns no Concello de Carballo" cun orzamento de licitación de 231.254,30 euros; en segundo lugar, aprobouse o Contrato administrativo de obras de "Rebacheo e reparación en varios camiños das parroquias de Carballo e Sofán no Concello de Carballo" cun orzamento de 223.986,54 euros; e en terceiro e último lugar aprobouse o expediente para a contratación administrativa das obras de "Construción de sobreanchos e mellora do firme en varios camiños das parroquias de Berdillo e Sofán no Concello de Carballo" por un importe de 208.666,47 euros.

Compartir: