Inicio Carballo ao día Hemeroteca O terceiro Dirt Track Carballo reúne a...

SÁBADO 9 DE AGOSTO A PARTIR DAS 21.00 HORAS

O terceiro Dirt Track Carballo reúne a afamados pilotos de toda España na contorna do Centro Comercial Bergantiños

Venres 8 de agosto do 2014

De feito, Esteban Rostro, xerente do Centro Comercial Bergantiños Gadis, patrocinador da cita, quixo transmitir os seus parabéns a Juan Puga, polo seu traballo arreo para que a cita sexa un éxito. Tamén subliñou o interese dos clientes do Gadis na promoción para conseguir o desconto nas entradas. O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, tamén quixo felicitar a Puga e ao Motor Club Motor Bergantiños porque confiar neles para a celebración deste tipo de probas "sempre ofrece seguridade, pola súa experiencia". Desexou "que non haxa ningún incidente que lamentar e que sexa unha proba bonita". A organización quixo agradecer a presenza dos patrocinadores, nunha cita "que custa moito organizar", en verbas de García de Seárez, xa que supón un importante investimento, non só acondicionar a pista, senón o aluguer das gradas, do alumeado, do equipo de megafonía ou o feito de poder contar con pilotos de categoría. Así, a proba conta coa colaboración de Mesón As Viandas e Alquileres Reneymar; e co patrocinio, ademais do CCB-Gadis, de Vitaldent, Opticalia Enríquez e Cervexería Beos. Os interesados e interesadas poden descargar o cartel anunciador do Dirt Track nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: