Inicio Carballo ao día Hemeroteca A organización espera que 150 xogadores...

DOMINGO 10 DE AGOSTO A PARTIR DAS 11.00 HORAS

A organización espera que 150 xogadores participen na sétima edición do Torneo-Foliada de Volei Praia Concello de Carballo

Venres 8 de agosto do 2014

Rosalino Mariño espera que, como en anos anteriores toda a actividade de volei praia desenvolvida na Esplanada contribúa a crear afeccionados e a que "a xente continúe practicando este deporte en pista" durante o inverno a través dos equipos do Volei Xiria. O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixo resaltar que "un ano máis o volei en Razo é un éxito" coas pistas cheas case cada día. Para Trigo, isto amosa que "Razo é unha praia viva á que tamén se vai a gozar do deporte", e xa "non só polo surf, senón tamén co volei" coa presenza de "xente incluso de fóra de Galicia" no torneo. O concelleiro quixo tamén salientar o carácter familiar do torneo "moi acolledor" creando un día que adoita a ser "emotivo e bonito". Está previsto que o torneo dure aproximadamente ata as 20.00 horas. Os interesados e interesadas poden descargar o cartel anunciador das citas de volei do verán en pdf mesta mesma nova.

Compartir: