Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Parque Empresarial de Bértoa acolle o VI...

A CITA É O SÁBADO 23 DE AGOSTO

O Parque Empresarial de Bértoa acolle o VI Circuíto BTT 12 Horas de Carballo no que participarán 300 corredores

Sábado 9 de agosto do 2014

A saída está prevista para as 9.45 horas do sábado 23 de agosto, xusto diante da nave de Garaysa, empresa que colabora coa cita. Dende alí e guiados por un coche ou moto da organización, os participantes percorrerán o Parque Empresarial de Bértoa antes de entrar no circuíto para poder estirar o pelotón de participantes e que comece a proba sen aglomeracións. Isto ocorrerá aproximadamente ás 10.00 horas e a partir dese momento o circuíto pecharase para que só os ciclistas que participan no evento poidan circular por el en bicicleta. A finalización da proba terá lugar cerrando o último pase por meta as 21.45 horas, e esperando a entrada en meta de todos aqueles participantes que antes de esa hora estean dando a súa última volta. Todos os participantes obterán un diploma que acredita o número de voltas que deron o longo do día, sendo estes de tres categorías: diploma de ouro: para todos aqueles participantes que superen os 200 Km; diploma de prata: para todos aqueles participantes que superen os 150 Km e fagan menos de 200 Km; diploma de bronce: para todos aqueles participantes que non superen os 150 Km. Durante a proba os participantes contarán cun almorzo, a base de pan de ovo e chocolate; cun avituallamento con froita, auga e bebidas enerxéticas; con comida a base de empanada e ensalada de pasta; e cunha cea, de xamón asado con patacas.

A organización quere agradecer o apoio do Concello de Carballo e dun grupo de xente que aposta polo deporte, como Garaysa, Reneymar, TodoLar-Re100, Ana Muíño Fisioterapia, Carnicería Daniel, Seguros Xosé Ramón Pombo, Froitas Celia, Bar Piscis, Panadería A Milagrosa, Pedalea Bien, EvoBici e a Asociación de Empresarios do Polígono de Bértoa, todas elas empresas locais que apoian a proba. A cita conta tamén co apoio de empresas deportivas como NoSportLimit-Trek Galicia distribuidores oficiais de Victory Endurance e o Circuito de Radio Control de Carballo, ademais do importante apoio de grupos internacionais da talla de Coca-Cola e Gadis que dende o primeiro ano estiveron apoiando a proba e "facendo posible que este ilusionante proxecto saíse adiante", en verbas de Moncho Ríos. Os interesados e interesadas poden consultar o regulamento da proba en pdf nesta mesma nova, así como descargar, tamén en pdf, o cartel anunciador da cita.

Compartir: