Inicio Carballo ao día Hemeroteca Berocasión, a Feira de Vehículos de...

ESTA EDICIÓN TEN COMO NOVIDADE UN CIRCUÍTO GRATUÍTO DE KARTS

Berocasión, a Feira de Vehículos de Ocasión de Carballo, volve un ano máis ao Parque de Rego da Balsa o 30 e 31 de agosto

Xoves 28 de agosto do 2014

A xunta directiva de Máis Motor convida ás familias a achegarse ata o circuíto, situado no mesmo recinto de Berocasión en Rego da Balsa, no que os nenos e nenas terán á súa disposición os vehículos de forma gratuíta. Mentres os máis pequenos se divirten pedaleando, os adultos poderán visitar a exposición de vehículos de competición organizada pola Escudaría Máis Motor para a fin de semana, e na que haberá carcross, karts de competición e vehículos tan singulares coma o Lancia 037 de Yacar (na imaxe) ou o Peugeot 208 R2 de ARVidal Racing, o único 208 R2 de rally que hai en España. Os interesados e interesadas poden descargar o cartel anunciador de Berocasiónen pdf nesta mesma nova.

Compartir: