Inicio Carballo ao día Hemeroteca Cinco de cada 100 usuarios e usuarias...

NESTE MOMENTO HAI REXISTRADAS MÁIS DE 1.300 PERSOAS

Cinco de cada 100 usuarios e usuarias teñen atopado emprego a través dos servizos da Bolsa de Traballo Municipal

Sábado 30 de agosto do 2014

A BDT é unha das apostas do goberno municipal dentro da súa campaña de promoción do emprego mediante a creación dun vínculo estable entre o Concello de Carballo e o sector empresarial. Nese sentido téñense dado importantes pasos nos últimos anos. Para calquera trámite relacionado con accións formativas e coas actividades da BDT, os interesados e interesadas poden contactar no enderezo electrónico <bdt@carballo.org> ou a través do número de teléfono 981 709 011. Tamén poden acudir directamente ao servizo no Fórum Carballo, Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n (barrio da Milagrosa). As persoas interesadas tamén poden seguir a actividade da Bolsa de Traballo a través da conta de Twitter @bdtcarballo.

Compartir: