Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Praza dos Libros consolídase mantendo a...

OS INGRESOS DA RECADACIÓN ROLDAN OS 16.000 EUROS

A Praza dos Libros consolídase mantendo a participación e a venda do libro galego, que supuxo máis do 65 por cento

Luns 1 de setembro do 2014

Mais tamén hai que mencionar "Contos do Mar de Irlanda", do polifacético artista Xurxo Souto, que o presentou na feira o domingo pola mañá; o poemario "Ningún amante sabe conducir", da carballesa Rosalía Fernández Rial; e "Salseiros", de Suso Lista. En boa parte dos actos a carpa que os acollía quedou pequena debido á alta asistencia de público, tanto nas presentacións, como nas actividades de animación infantil ou os distintos concertos que houbo -como os de Os Tres Tenedores ou Migallas, ou nas presentacións de Xurxo Souto, Suso Lista ou "Os Bolechas en Carballo". O momento de maior asistencia foi o domingo pola mañá, no que a Praza dos Libros coincidiu coa feira tradicional e cando se desenvolveu con moito éxito unha vez máis a iniciativa "Un libro, un pan", coa que cada persoa que comprou un libro foi agasallada cun dos 350 pans de Carballo que se repartiron. E a coñecida e querida familia de personaxes infantís Os Bolechas foi moi ben acollida en Carballo, tanto na súa visita o domingo pola tarde, onde foron recibidos por centos de nenas e nenos da zona, como polo libro das súas aventuras na nosa vila.

Arredor de dous mil libros vendidosAs persoas que acumularon na Praza dos Libros compra por valor de 30 euros levaron de agasallo o libro "Os Bolechas en Carballo", do que se repartiron máis de 400 exemplares, que se se suman aos arredor de 1.600 libros vendidos dá como resultado que esta semana nos fogares da zona hai 2.000 libros máis, a maioría en galego. Estas cifras son consideradas positivas tanto polo Concello como polas librarías participantes e consolidan a boa acollida da Praza dos Libros como unha referencia anual para a difusión do libro e da lectura, dándolle especial protagonismo á creación galega. Esta actividade está organizada polo Concello de Carballo, e conta coa colaboración económica de Conservas Calvo e da Fundación Luís Calvo Sanz. Desde a organización agradécese a participación e implicación tanto das librarías como das diferentes creadoras e creadores que asistiron, e que converteron Carballo en punto de referencia cultural durante catro días. Na Praza dos Libros estiveron, entre outros/as, Xurxo Souto, Fernando Cabeza Quiles, Rosalía Fernández Rial, Ramón Vilar Landeira, Suso Lista, Xosé Neira Vilas, Xan Fraga (que foi o pregoeiro) ou os/as múltiples creadores/as da zona que participan en "Contos de Taberna".

Compartir: