Inicio Carballo ao día Hemeroteca Marchan a bo ritmo os traballos da II Fase da...

ESTÁ PREVISTO QUE O DEPÓSITO DE AUGA ESTEA LISTO EN OUTUBRO

Marchan a bo ritmo os traballos da II Fase da "Mellora do sistema xeral de abastecemento a Carballo (Anllóns-Bardoso)"

Luns 1 de setembro do 2014

Ao importe total da actuación, hai que sumar as melloras sen custo adicional para o Concello ofertadas pola adxudicataria valoradas en 301.755,82 euros, que implican a realización de tres redes de saneamento na Costa, no Esmorís e no Cadaboso, na parroquia de Berdillo e que subirían o importe total a 2,7 millóns de euros. Polo de agora, estase traballando na parcela de 6.600 metros cadrados onde estará situada a ETAP. O Alcalde, Evencio Ferrero, quixo salientar que, no que respecta ao investimento, a "Mellora do sistema xeral de abastecemento a Carballo (Anllóns-Bardoso)" "é a obra máis importante que se terá realizado en Carballo durante este mandato", unha actuación que permitirá mellorar o sistema de abastecemento e solucionar calquera problema neste sentido que puidera xurdir no futuro. Tamén hai que lembrar que nestes momentos está aberto o proceso para adxudicar o contrato administrativo da obra da Fase I da "Mellora do sistema xeral de abastecemento a Carballo (Anllóns-Bardoso)", despois de que a Xunta de Goberno ratificase o 11 de agosto a resolución do primeiro contrato, subscrito coa UTE formada por Extraco Construcións e Proxectos SA e Decoraciones J. Bello SL, por incumprimento por parte das empresas. Téñense presentado 17 propostas neste segundo procedemento e o Alcalde espera que o contrato esta adxudicado antes de que remate o mes de setembro.

Compartir: