Inicio Carballo ao día Hemeroteca Yllana volve a Carballo na XXIII edición do FIOT...

O CARTEL DO FESTIVAL ESTÁ CENTRADO NO FÍO CONDUTOR: OS CLÁSICOS

Yllana volve a Carballo na XXIII edición do FIOT para estrear en Galicia a súa última proposta: "Gagfather"

Mércores 3 de setembro do 2014

Ademais do regreso de Yllana, dúas das compañías que xa están confirmadas pola organización son a emerxente Voadora e a xa consolidada Ron Lalá, ganadora do Premio do Público 2013 e que tamén volve ao FIOT. A primeira traerá ao Pazo da Cultura "A tempestade", de Shakespeare, un montaxe de gran formato chamado a ser o referente na escena galega desta tempada. Recentemente, estreada no festival portugués Gil Vicente, a obra presentarse tamén noutras citas en Galicia e España. Os segundos presentan "En un lugar del Quijote", unha revisión deste clásico universal sen perder de vista as señas de identidade máis ronlaleras. Outro dos datos que xa ten trascendido do FIOT 2014 é o cartel, realizado polo deseñador gráfico carballés Juan Félix Gende. A composición reflexa a relectura do teatro mostrando como unha personaxe contemporánea se desdobra nun cabaleiro con aspecto quixotesco a través da súa sombra. A cor verde augamariña predominante, o paraugas, as nubes e os adoquíns da rúa mollada transmiten ao espectador as sensacións da estación no que se desenvolve o FIOT. Elementos que se enmarcan nun fondo familiar para os carballeses, á rúa Valle Inclán de Carballo, dedicada a un dos grandes dramaturgos da literatura española e marco de moitas actividades do festival. Os interesad@s poden descargar o cartaz en pdf nesta mesma nova.

Compartir: