Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello, Urbaser e Ecovidro colaboran nunha...

O ÍNDICE DE RECICLAXE POR PERSOA NO MUNICIPIO É DE 16 KG AO ANO

O Concello, Urbaser e Ecovidro colaboran nunha campaña para facilitar a reciclaxe dos envases de vidro entre os hostaleiros

Xoves 4 de setembro do 2014

Mais hai que ter precaución, xa que hai outros materiais, como poden ser a cerámica ou outros tipos de vidro (pratos, vasos, cristais de xanelas, etc.), que ao ter unha composición distinta á do vidro dos envases, deben ser depositados no Punto Limpo. Esta campaña tamén servirá para seguir elevando e mellorando os quilogramos de residuos de envases de vidro depositados nos colectores da localidade. Segundo os últimos datos dispoñibles, os veciños de Carballo reciclaron un total de 504.320 quilogramos de vidro en 2013, o que supón que cada cidadán reciclou máis de 16 quilogramos de vidro por persoa durante o pasado ano, cifra moi superior á media galega fixada en 13,8 kgs/hab. Hai que lembrar que Ecovidro é unha asociación sen ánimo de lucro que se encárga de xestionar a recollida selectiva de envases de vidro mediante a instalación de colectores para facilitar a colaboración cidadá e garantindo a súa reciclaxe. Ademais, realiza campañas de sensibilización cidadá e promove a prevención estimulando a redución do volume dos residuos que se xeran. Lembramos que o 100% do vidro depositado nos colectores recíclase e é usado para fabricar novos envases de vidro, logrando numerosos beneficios ambientais.

Desde Carballo Limpo, agradécese de antemán a colaboración da cidadanía chamando ao 981 75 49 17 para o Punto Limpo Móbil, a través da páxina web <www.carballolimpo.com> ou no Twitter @CarballoLimpo.

Compartir: