Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o acordo para que a Asociación...

SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o acordo para que a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) poda instalarse nas antigas oficinas da UAD

Luns 8 de setembro do 2014

No apartado de contratación, saíron adiante as prórrogas dun ano para varios contratos, como o contrato administrativo de "Servizo de ensino para a especialidade de violín que se está a prestar por parte do Concello de Carballo no Conservatorio Profesional de Música"; do contrato administrativo de xestión de servizo público "Servizo de axuda no fogar do Concello de Carballo"; ou o contrato de "Servizos de desratización do municipio de Carballo". O resto dos asuntos relacionados coa contratación quedaron sobre da mesa. Outro dos puntos da orde do día foi a aprobación inicial dun estudo detalle para a parcela E-4.1 do Parque Empresarial de Bértoa co fin de, a petición de Casas Cube SL, ordenar volumes e concretar a composición das edificicacións desta parcela, situada na Rúa Madeira do polígono. Así mesmo, durante a sesión recibiron luz verde tres licenzas de obra, unha licenza de apertura, e unha licenza de primeira ocupación -a petición do Arzobispado de Santiago de Compostela- para a primeira fase das cinco previstas para ampliar o Cemiterio de Bértoa. Por último, no apartado de cultura, saíu adiante o concenio de colaboración entre o Concello e a Asociación "O Molete Psico-Pop" para a realización do XV Festival XiriaPop, que terá lugar os días 19 e 20 de setembro na Sala Dublín da capital municipal.

Compartir: