Inicio Carballo ao día Hemeroteca O II Autocross Carballo converterá de novo ao...

A ORGANIZACIÓN CALCULA UNHA INSCRICIÓN DUNS 80 PILOTOS

O II Autocross Carballo converterá de novo ao Circuíto de Bértoa na capital galega do motor o 13 de setembro

Martes 9 de setembro do 2014

Puga quere agradecer ao Concello de Carballo toda a axuda prestada para a celebración da cita, e dende a escudaría tamén subliñan as últimas melloras realizadas nas instalacións de Bértoa, que fan un circuíto máis funcional para público e organización. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que estivo acompañado durante a presentación da cita polo Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e outros membros da Escudaría Máis Motor, quixo salientar que probas como este autocross proban que "se cumpriu o obxectivo" que se perseguía cando o Concello recuperou o Circuíto de Motor de Bértoa. Para Ferrero é unha "satisfacción ver como se utiliza con regularidade", con tres probas de autocross este ano, unha do Campionato de España e coa do 13 de setembro outras dúas do Campionato Galego. O Alcalde asegura que "seguiremos actuando neste sentido, porque sabemos que a actividade do motor ten fonda implantación en Carballo e na comarca de Bergantiños", o que se demostra tamén co grande números de pilotos do municipio e da zona que tomarán a saída no II Autocross Carballo. Hai que lembrar que aínda está aberto o prazo de inscrición para participar na cita. A folla de participación pode descargarse na páxina web da escudaría carballesa, <www.maismotor.es> e, unha vez cumprimentada, debe remitirse vía fax (ao 981 732 818) ou por correo electrónico (<info@maismotor.es>). O prazo remata ás 20.00 horas do 10 de setembro. O regulamento completo está dispoñible tamén en <www.maismotor.es>.

Nesta mesma nova é posible descargar en pdf o cartel anunciador da cita.

Compartir: