Inicio Carballo ao día Hemeroteca Mofa e Befa abren o FIOT 2014 con "Bobas &...

VENRES 10 DE OUTUBRO ÁS 21.00 HORAS

Mofa e Befa abren o FIOT 2014 con "Bobas & Galegas", dirixida por Quico Cadaval e baseada no Século de Ouro

Sábado 13 de setembro do 2014

Ademais, hai que lembrar outras actividades do FIOT que están en marcha. O concurso escolar de teatro lido Xosé Manuel Eirís cumpre xa 14 anos fiel ao seu cometido de dar protagonismo aos espectadores máis pequenos, promover o teatro e favorecer a súa iniciación e interpretación dramática. As asociacións e centros escolares da comarca de Bergantiños, tanto de primaria como de secundaria, poden participar neste concurso cun pequeno texto teatral que deberán poñer en escena na emisora local de Radio Voz. O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 2 de outubro nas oficinas administrativas do Pazo da Cultura. Entre os ganadores repartiranse premios por un importe de 850 €. Por último, hai que falar do voluntariado. En 2010, os organizadores do FIOT, a Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo, iniciaron con moito éxito unha campaña de captación de voluntarios para colaborar nas actividades do Festival, co afán de implicar ao tecido social e aos afeccionados ao teatro e no desenvolvemento do mesmo. O resultado foi a formación dun equipo de voluntarios dinámico e competente que facilitou que as diversas actividades do FIOT se puidesen levar a cabo de forma óptima. Nesta edición lánzase novamente a convocatoria para os colaboradores voluntarios que desexen unirse ao equipo de traballo xa consolidado. Todos os interesados en colaborar como voluntarios poden asistir á reunión que terá lugar o mércores 17 de setembro ás 19.00 horas no Pazo da Cultura, co obxecto de presentar con máis detalle o funcionamento desta iniciativa e obter a información necesaria das persoas que desexen unirse á mesma.

Compartir: