Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os servizos económicos e tributarios...

DE TOMARSE ESE ACORDO SERÍA "NULO DE PLENO DEREITO"

Os servizos económicos e tributarios conclúen que a exención de pago da taxa de lixo para vivendas desocupadas sería "ilegal"

Venres 19 de setembro do 2014

A Concelleira de Facenda resalta, así mesmo, "que Carballo é un Concello cunha baixa presión fiscal" e que o servizo de recollida de lixo é "deficitario" en arredor de 400.000 euros, especialmente tendo en conta a suba dun 34 por cento do canon de Sogama, unha suba que o Concello non está repercutindo no prezo do servizo neste exercicio de 2014. Evencio Ferrero engade que "os servizos teñen un custo que hai que cubrir entre todos", porque, en caso de que os propietarios de varias vivendas non o paguen, a solución sería "subir a taxa ao resto dos cidadáns". O informe tamén recolle, ademais, que "o Pleno da Corporación carece de potestade lexislativa para acordar o establecemento de beneficios fiscais nas taxas", xa que é competencia do Estado, polo que non se podería tomar ningún acordo de exención ou rebaixa. Así mesmo, Regueira lembra que hai servizos, como o sanitario, que deben ser universais, polo que non sería de recibo "pagar o médico só cando se vai a el". Do mesmo xeito, o Concello presta o servizo de recollida de lixo de forma universal a todas as vivendas habitables, estean habitadas ou non. Para o Concelleiro "é certo que en época electoral regala os oídos" falar de exención de pagos, "pero o que deixen de pagar uns, o teñen que pagar outros". O Alcalde rematou dicindo que "lamenta" a falta de consenso que existe na corporación respecto a este asunto, mais "a lei é inequívoca" e hai que cumprila.

Compartir: