Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Campamento Nocturno "O Fiotiño" convida a 50...

INSCRICIÓNS ENTRE O 22 E O 26 DE SETEMBRO

O Campamento Nocturno "O Fiotiño" convida a 50 nenos e nenas a soñar cunha noite de teatro no Pazo da Cultura

Sábado 20 de setembro do 2014

Os participantes deberán entregar a ficha de inscrición cuberta con todos os datos que se solicitan, sobre todo os referentes a posibles alerxias, intolerancias ou doenzas dos nenos, así como o documento de permiso para a toma de imaxes fotográficas. Os inscrit@s deberán esperar a confirmación oficial (entre o 30 de setembro e o 1 de outubro) para realizar o ingreso do importe da actividade (20 euros). Non se fará o ingreso antes de serlle comunicado ao interesado a súa admisión. Ao acabar, ademais das risas e bos momentos vividos, os nenos levarán consigo una camiseta do "Fiotiño", un DVD con fotos e un diploma de asistencia. O material necesario para pasar a noite será un saco de durmir ou roupa de abrigo, unha esterilla ou similar, utensilios de aseo básicos e un chándal ou roupa cómoda. Os participantes non poderán traer teléfonos móbiles ou dispositivos electrónicos (vídeoconsolas portátiles, tablets, móbiles, etc.) e de ser así, gardaránselles ata o momento de saír do campamento.

Compartir: