Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde para a convocatoria de...

SOBRE DA MESA A ADXUDICACIÓN DA FASE I DO PROXECTO ANLLÓNS-BARDOSO

Luz verde para a convocatoria de subvencións para proxectos de escolas deportivas nos centros de ensino do municipio

Luns 22 de setembro do 2014

Así mesmo, e aínda que estaba incluída na orde do día, quedou sobre da mesa a aprobación da adxudicación do contrato administrativo da obra "Mellora do sistema xeral de abastecemento a Carballo (Anllóns-Bardoso) Concello de Carballo. Fase I". Así, a proposta da mesa de contratación foi que a actuación a realice a Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por López Cao e Ramón Vázquez y Reyno. Porén, a proposta fíxose o venres 19 de setembro e a UTE non tivo tempo antes da Xunta de Goberno, celebrada hoxe luns 22 de setembro, a cumprimentar toda a documentación necesaria. Por ese motivo, contarán cuns poucos días para formalizar todos os trámites da UTE e a adxudicación realizarase por decreto para axilizar os prazos o máis posible. En todo caso, está previsto que se aprobe antes da celebración da próxima Xunta de Goberno Local e coa máxima brevidade posible.

Compartir: