Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comezan os talleres gratuítos do Plan de...

MÉRCORES 24 E VENRES 26 ÁS 17.00 HORAS

Comezan os talleres gratuítos do Plan de Ecoturismo Razo-Baldaio: aprende a facer un café e a cociñar dieta atlántica

Martes 23 de setembro do 2014

Ademais, ofrecerá un "showcooking" no que elaborará os seguintes pratos: muxo, berberechos da ría, vexetais de litoral e caldo das espiñas asadas; os primeiros "cantharelus" de Baldaio, ovo a 63º con coliflor e "palomitas" de trigo; sargo, cogombro, remolacha e laranxa verde. Para participar nestas citas, que son gratuítas, os interesados e interesadas só teñen que encher unha ficha, descargable máis abaixo, e dirixirse ao Fórum Carballo e preguntar por Paula Lema; ou chamar ao 981 709 013 ou preguntar no Concello para obter máis información. Os interesad@s tamén poden descargar o calendario de actividades coas datas, nesta mesma nova. Por último, tamén é posible descargar a presentación de todo o proxecto "Carballo, senda do mar", con toda a información relevante sobre a iniciativa.

Compartir: