Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Fórum acolle unha clase maxistral do...

XOVES 25 DE SETEMBRO NAS INSTALACIÓNS DA MILAGROSA

O Fórum acolle unha clase maxistral do chef de "Larpeiros" e unha clase de corta de xamón para o alumnado de Hostalería

Mércores 24 de setembro do 2014

Así, hai que lembrar que o venres 26 e dentro deste programa gratuíto, o cociñeiro carballés Adrián Felípez ofrecerá unha clase maxistral sobre dieta atlántica e un showcooking no que elaborará muxos, berberechos da ría, vexetais de litoral e caldo de espiñas asadas; os primeiros cantarelus de Baldaio, ovo a 63º, coliflor e palomitas de trigo, e sargo, cogombro, remolacha e laranxa verde. A sesión terá lugar de 17.00 a 19.00 horas nas instalacións da nave de hostalería do Fórum. Os obradoiros continúan o luns 29 de setembro, neste caso cun taller de coctelería, impartido por Javier García, especialista en coctelería. Os interesados e interesadas só teñen que achegarse ata alí e cubrir no momento unha ficha de inscrición ou ben encher a ficha, descargable máis abaixo, e dirixirse ao Fórum Carballo e preguntar por Paula Lema; ou chamar ao 981 709 013 ou preguntar no Concello para obter máis información. Os interesad@s tamén poden descargar o calendario de actividades coas datas, nesta mesma nova. Por último, tamén é posible descargar a presentación de todo o proxecto "Carballo, senda do mar", con toda a información relevante sobre a iniciativa.

Compartir: