Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Salón ExpoVoda consolídase na...

SÁBADO 31 DE XANEIRO E DOMINGO 1 DE FEBREIRO NO FÓRUM CARBALLO

O Salón ExpoVoda consolídase na súa terceira edición como unha cita de referencia para vodas, comuñóns e celebracións

Xoves 16 de xaneiro do 2014

Freire explica que, ao igual que o ano pasado, o orzamento destinado á organización da cita é de 20.000 euros, ademais de que o Concello cede de forma gratuíta a man de obra da Brigada Municipal, a ocupación do Fórum para o evento e diverso material para axudar na celebración da cita, aforrando a organización o custo que iso suporía. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, resaltou durante a presentación do evento a súa "continuidade" despois dunha andaina de tres anos, o que demostra que "hai satisfacción tanto por parte do CCA como por parte dos expositores". Subliñou o aproveitamento das instalacións do Fórum, especialmente pensadas para este tipo de citas, e desexou que ExpoVoda sexa "un éxito un ano máis".

Compartir: