Inicio Carballo ao día Hemeroteca Apart, Lowcos e Aula 11 recolleron no Concello os...

REPARTÍRONSE 2.650 EUROS EN PREMIOS

Apart, Lowcos e Aula 11 recolleron no Concello os premios como gañadores do Festival pop-rock Calvo Dando a Lata

Luns 20 de xullo do 2015

Precisamente Luciano Calvo subliñou a vontade de que Conservas Calvo lle dese, no seu 75 aniversario, unha oportunidade á mocidade para ter o seu propio espazo, xa que "moitas veces non teñen moitas posibilidades de tocar". Transmitiulles os seus parabéns e subliñou que moito público se achegou ao Rego da Balsa para gozar co festival. "Esa noite fixéstedes vibrar á mocidade é á xente de Carballo", sinalou. O Alcalde, Evencio Ferrero, transmitiu o "recoñecemento sincero" da organización a todos os grupos participantes, que llo puxeron moi difícil ao xurado. Agradeceulle a Conservas Calvo a súa implicación e salientou a "moi boa valoración" que todos os espectáculos do Festival Dando a lata están tendo até o de agora. Transmitiulle os seus "parabéns aos premiados, aínda que os outros grupos tamén soaron extraordinariamente ben" e desexou que, para os gañadores, "o festival sexa un estímulo" que lles "abra portas" e que "ogallá que algún día podades vivir da música". Os interesados e interesadas poden ver todas as imaxes do acto no Facebook do Concello, clicando aquí.

Compartir: