Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicados os contratos de limpeza, desbroce e...

OUTORGADAS SUBVENCIÓNS POR PRETO DE 15.000 EUROS

Adxudicados os contratos de limpeza, desbroce e mantemento de cunetas e de mantemento de espazos urbanos de Carballo

Luns 20 de xullo do 2015

As subvencións a particulares para campamentos de verán 2015 beneficiarán a 49 persoas -as que teñen superado a puntuación suficiente para ter dereito ás axudas- e teñen un importe total de 2.892,25 euros. No caso das axudas para a realización de viaxes escolares 2015, beneficiaranse trece centros de ensino, incluíndo escolas unitarias, CEIP, IES ou colexios do municipio, por un importe de 6.315 euros. Por último, a Xunta de Goberno adxudicou as subvencións para a realización do programa anual de actividades culturais das Asociacións de Nais e Pais dos centros de ensino de Carballo. Beneficiaranse oito entidades por un importe total de 5.600 euros. No apartado de cultura, a sesión tamén supuxo a aprobación dun Convenio coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para levar a cabo o programa de actuacións do segundo semestre de 2015. Así mesmo, aprobouse o gasto para a programación do segundo semestre da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Por último, a sesión supuxo a aprobación dunha licenza de obra; dunha licenza de primeira ocupación; e de dúas segregacións de parcelas.

Compartir: