Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e Gestagua recomendan un consumo...

GARÁNTESE O ABASTECEMENTO, AÍNDA QUE OS NIVEIS DO RÍO SON BAIXOS

O Concello e Gestagua recomendan un consumo eficiente para redundar no aforro de auga e previr posibles situacións de seca

Xoves 23 de xullo do 2015

O Alcalde explica que o Concello, polo de agora, tan só mantén a captación en horarios que non están enerxeticamente penalizados, pero que hai que tentar que isto siga así ata finais do verán. O slogan da campaña é "Máis de un billón de persoas non teñen acceso a auga potable. Aforra por eles". Ferrero tamén quixo lembrar que, unha vez rematadas as obras do Proxecto Anllóns-Bardoso de abastecemento de auga para Carballo, o municipio "non terá no futuro problemas de abastecemento nin de calidade de auga". A presentación da nova campaña tamén serviu para presentar a Gestagua como a empresa que asumirá a xestión do servizo de abastecemento e subministro de auga ata xuño de 2016. Segundo explica Ramón Rada, o cambio de concesionaria realizouse de tal forma que "o servizo non se vira afectado", mantendo "a calidade e continuidade de uso as 24 horas". Explicou que o persoal da anterior empresa foi subrogado na súa totalidade e agradeceu o excelente ambiente de colaboración nos cambios que facilitaron tanto o Concello como ese mesmo persoal. Bernardo Mingo, Director da área de desenvolvemento de Gestagua, tamén subliñou que a empresa está realizando unha aposta moi forte por unha "tecnoloxía transparente de xestión" que lle permitirá ao Concello ter acceso a todos os datos necesarios para poder avaliar o servizo.

O Alcalde quixo resaltar tamén que as oficinas de Gestagua están tan só a uns 150 metros das oficinas da nova empresa, e deixamos aquí a dirección e o teléfono de contacto:

Oficinas de Gestagua

Rúa Río Ulla, nº 2 (esquina Río Anllóns)

Teléfono gratuíto de atención 24 horas: 900 907 363

Enderezo electrónico: <carballo@gestagua.es>

Compartir: