Inicio Carballo ao día Hemeroteca Nace

ARREDOR DE 30 FRASES ESTARÁN NAS RÚAS DA CAPITAL MUNICIPAL

Nace

Luns 27 de xullo do 2015

Moitas das frases son suxestivas, poéticas ou mesmo filosóficas, como "Se me bicas, que sexa por amor", "Cántanche?", "Este mundo non é tan feo" ou "Vas ou vés?"; outras, explica Pazos, están directamente relacionadas co espazo no que se atopan, como o "Vertedoiro de tristuras", a carón da Oficina de Emprego, ou o "Ler entre liñas" da Biblioteca Rego da Balsa. A maioría, resalta, tan só pretenden ser mensaxes "sinxelas e agarimosas", "comprensibles para todo o mundo" que axuden a transmitir a idea de que "o espazo público é de todos e hai que querelo". Ferrero e Regueira tamén quixeron salientar o proxecto global de transformación que vive o municipio, "un concello atractivo polas súas xentes" e, no que pouco a pouco, en verbas de Regueira "estase conseguindo que xente da arte e a cultura mire cada vez máis para nós". Segundo Pazos, o obxectivo de proxectos como Derrubando muros con pintura, Contos de taberna, a exposición colectiva de creadores que se realiza no San Xoán, e outras moitas propostas que se están desenvolvendo na vila, o que fan é "traer máis visitas e riqueza para Carballo". Ademais de conseguir que a vila mostre "a súa cara máis amábel e humana". Os interesados e interesadas poden descargar o cartaz anunciador do proxecto, no que figuran sinalados cos "jas" das gargalladas que espera provocar os diferentes puntos onde ler as frases, nun documento en pdf nesta mesma nova. Tamén é posible ver algún dos pasos de peóns, que estiveron pintándose pola noite dende o sábado 25 de xullo, no Facebook do Concello, clicando aquí.

Compartir: