Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Conselleira de Traballo afirma que as obras que...

ESTÁ PREVISTO QUE BEATRIZ MATO VISITE AS INSTALACIÓNS EN SETEMBRO

A Conselleira de Traballo afirma que as obras que permitirán o traslado da Oficina de Emprego ao Fórum estarán listas este ano

Martes 28 de xullo do 2015

Durante a reunión tamén estiveron presentes a Directora Xeral de Emprego, Ana Díaz, e o Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez Martínez. O Alcalde aproveitou a presenza deste último para formular os problemas de escolarización infantil que padece o Concello, que nestes momentos ten a 40 familias en listaxe de agarda para poder optar a algunha das prazas dispoñibles nas Escolas Infantís Municipais. Os responsables da Xunta comprometéronse a estudar a situación e a avaliar a posibilidade de ampliar o número de prazas públicas dispoñibles. Por último, abordouse a situación administrativa do Concello respecto do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que vai a disolverse para converterse na Axencia Galega de Igualdade e Benestar, polo que será preciso asinar novos convenios con cada un dos concellos que pasen a formar parte do novo organismo. A Xunta adquiriu o compromiso de condonarlle o 50 por cento da débeda a aquelas administración locais que non estivesen ao corrente cos pagos co Consorcio que está a piques de desaparecer, antes de integrarse na nova Axencia. Porén, Carballo, ao igual que outros municipios, mantense ao día no aboamento das súas cotas, polo que o Alcalde solicitou que ao Concello se lle compense esa cantidade a través de reducións nas cotas que deberán pagarse no futuro por pertencer á nova Axencia. Os responsables de Traballo e Benestar amosáronse de acordo en adoptar esta medida para que Carballo non resulte prexudicado.

Compartir: