Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello abre o prazo de inscrición no Programa...

O OBXECTIVO DO SERVIZO É CONCILIAR A VIDA LABORAL E FAMILIAR

O Concello abre o prazo de inscrición no Programa Concilia para o Curso 2015-2016: entre o luns 3 e o venres 21 de agosto

Mércores 29 de xullo do 2015

O Concello tamén informa de que o xoves 27 de agosto de 2015, as 19.30 horas, terá lugar a xuntanza informativa cos pais e nais dos/as usuarios/as do Programa Concilia para informar acerca do curso 2015-2016. A cita será no segundo andar do Pazo da Cultura de Carballo. Prégase asistencia para poder respostar todas as dúbidas formuladas polas familias. Así mesmo, hai que aclarar que a devolución da reserva de praza só se poderá solicitar no mes de outubro, despois desa data non se devolverán as reservas. Por último, hai que mencionar que o Concilia conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Respecto das anotacións, poden facerse no departamento de Servizos Sociais (edificio do Antigo Ambulatorio) e nos Rexistros do Concello en horario de oficina. Máis información no 981 700 688.

Compartir: