Inicio Carballo ao día Hemeroteca A literatura enche de vida o Xardín Municipal coa...

HORARIO DE APERTURA: DE 11.00 A 14.00 E DE 17.30 A 21.30 HORAS

A literatura enche de vida o Xardín Municipal coa celebración da #PrazadosLibros: do xoves 20 ao domingo 23 de agosto

Xoves 20 de agosto do 2015

E convidou a todas e todos a gozala no sentido máis amplo: "Remexede nos libros, preguntádelle ás libreiras e libreiros, cantade e bailade nos concertos, charlade cos escritores e escritoras, pedídelles que vos asinen as súas obras... ou facede un selfi con eles", animou Lendoiro. A Praza dos Libros abriu as súas portas ás 11.00 horas, e durante o pregón, ás 12.30, estivo arroupada polo sol, polo público que ateigou a carpa durante o acto inaugural e pola música da Banda de Gaitas Municipal, que rematou a súa actuación coa interpretación do Himno Galego. E despois dos últimos compases dos "Queixumes dos pinos" a actividade trasladouse ao corredor central da Praza do Concello, onde as librarías Brañas, Trasgo, Ler, Roget, Pedreira, Á lus do candil e Couceiro ofrecen ata o domingo unha ampla e variada escolma literaria. Despois da última edición, lembrou Marcos Trigo, había nos fogares 1.600 libros máis, "o 70 por cento deles en galego". O obxectivo é que despois do domingo haxa moitos máis. Podedes contribuír cada día en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 21.30 horas. En Carballo, pan e libros!

Compartir: