Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde para as bases das axudas de estudos...

ADXUDICADOS OS SERVIZOS DE TELEFONÍA FIXA E MÓBIL DO CONCELLO

Luz verde para as bases das axudas de estudos para alumnado de Infantil e do Convervatorio por un importe de 51.000 euros

Luns 31 de agosto do 2015

No apartado de contratación, a Xunta de Goberno tamén supuxo a adxudicación do expediente de contratación dos servizos de "Telefonía fixa e móbil e rede de datos do Concello de Carballo". A empresa adxudicataria é R Cable Telecomunicaciones Galicia SA por un importe de 362.699,99 euros. A duración do contrato será de catro anos a contar dende o día seguinte ao da formalización do mesmo, cun prazo de implantación de seis meses dende a súa sinatura. O contratista ofrece un prazo máximo de resolución de incidencias de dúas horas dende a súa notificación. Dentro do apartado de contratación, tamén saíu adiante unha prórroga dun ano para o contrato de xestión do "Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Carballo"; así como unha modificación do prezo do contrato dos servizos de "Limpeza de colexios públicos de ensino Infantil e Primaria do Concello de Carballo". Así, ao incrementarse o número de centros educativos obxecto do contrato coa incorporación do CEIP Xesús San Luís Romero, tamén sube o seu importe anual en 10.890 euros (IVE incluído).

No apartado de convenios, saíu adiante un acordo de cooperación educativa entre o Concello e o Centro de Estudos Universitarios de Galicia (Cesuga), para realización de prácticas de estudo para alumnado que vén de rematar o quinto curso da carreira de Licenciado en Arquitectura na University College of Dublin. O período de prácticas realizarase no marco da Concellaría de Planificación e Mobilidade Urbana e estarán supervisadas polo Arquitecto Municipal. Entre os asuntos de trámite, saíron adiante unha licenza de apertura, unha de parcelación e unha de primeira ocupación e inicio de actividade. Así mesmo, recibiu luz verde un novo vao permanente para o número 22-24 da rúa Gardenias da capital municipal.

Compartir: