Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os técnicos municipais avanzan que o PXOM está...

O SEGUINTE PASO É LEVAR O DOCUMENTO AO PLENO DA CORPORACIÓN

Os técnicos municipais avanzan que o PXOM está visto para sentenza despois da segunda reunión con técnicos da Xunta

Mércores 2 de setembro do 2015

Posteriormente, convocarase unha nova comisión de urbanismo como paso previo á aprobación por parte do pleno da corporación do documento final, e os técnicos esperan que este sexa o paso definitivo e que xa non quede ningún outro aspecto que requira corrección ou modificación dado o acordo reflectido nas xuntanzas celebradas cos técnicos da Xunta. Unha vez que o PXOM reciba no pleno unha nova aprobación provisional, será a Xunta a que teña a última palabra para a esperada e consensuada aprobación definitiva.

Compartir: