Inicio Carballo ao día Hemeroteca Tres mocións sobre a lei mordaza, o sector lácteo...

MARCADOS OS FESTIVOS LOCAIS PARA 2016

Tres mocións sobre a lei mordaza, o sector lácteo e a información da Xunta de Goberno centran o pleno ordinario de agosto

Venres 4 de setembro do 2015

Entre estas medidas propón a cuantificación do excedente lácteo e a súa xestión axeitada, a vixilancia e sanción de contratos lixo para que se consideren nulos e se recoloque o leite afectado a prezo de mercado, acabar coa banalización do sector lácteo, regular a situación dos primeiros compradores de leite, incidir na recuperación do consumo, estabilizar as relacións entre os distintos axentes da cadea láctea, apostar por unha verdadeira negociación colectiva e establecer un verdadeiro "plan estratéxico de futuro para o sector lácteo". A terceira moción que se debaterá no pleno foi presentada por TEGA. Nela, o grupo presidido por José Bello Pallas propón a celebración de sesións abertas da Xunta de Goberno Local e a publicación no taboleiro de anuncios virtual do web municipal dos casos nos que se traten asuntos delegados polo pleno, así como "enviar á totalidade dos concelleiros e concelleiras as actas da sesión da Xunta de Goberno Local tan axiña como sexa posible". O Alcalde, Evencio Ferrero, quixo aclarar que no Concello de Carballo o pleno non ten delegada ningunha competencia na Xunta de Goberno, polo que non é preciso celebrar sesións abertas. Así, aclara, "todas as competencias do pleno son exercidas por ese órgano".

No punto de seguimento de órganos de Alcaldía douse conta da baixa dun vehículo da Policía Local, logo da dotación de novos automóbiles para as forzas de seguridade municipais.

Compartir: