Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os sete nenos e nenas saharauís acollidos en...

ESTIVERON CONVIVINDO CON FAMILIAS DA VILA DENDE O 7 DE XULLO

Os sete nenos e nenas saharauís acollidos en Carballo regresan aos seus fogares despois de ser recibidos no Concello

Venres 4 de setembro do 2015

A través do programa "Vacacións en paz", os concellos seleccionan as casas de acollida entre quen o solicite a través do departamento de Servizos Sociais e abonan o billete de ida e volta dende Tindouf (Alxeria) a Santiago de Compostela, así como o traslado dende o aeroporto e o seguro de responsabilidade civil, colectivo e de repatriación de tres dos cativos e cativas. "Vacacións en paz" preséntase nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estadía agradable e humanamente rica aos nenos e nenas saharauís. Trátase, xa que logo, de ofrecerlles a estas nenas e nenos nados no medio dun clima de guerra e sometidos ás súas dúbidas, unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa, non so na súa formación, senón tamén a mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento co Pobo Saharauí.

Compartir: