Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo contará con catro dedicacións e media...

FESTIVOS LOCAIS DE 2016: MARTES DE ENTROIDO E 25 DE XUÑO

Carballo contará con catro dedicacións e media despois da dación de conta no pleno da renuncia de Xosé Regueira á súa retribución

Martes 8 de setembro do 2015

Tamén recibiu luz verde a proposta do PSOE referida á Política Agraria Común (PAC) da Unión Europea na que se esixen medidas "urxentes" para "evitar o peche de miles de explotacións de leite" coa consecución dun prezo xusto para os produtores. Neste caso BNG e PSOE sacaron adiante a moción. TEGA presentara para o debate plenario unha moción na que o grupo solicitaba a celebración de sesións abertas da Xunta de Goberno Local e a publicación no taboleiro de anuncios virtual do web municipal dos casos nos que se traten asuntos delegados polo pleno, así como "enviar á totalidade dos concelleiros e concelleiras as actas da sesión da Xunta de Goberno Local tan axiña como sexa posible". Xa que no caso de Carballo non hai ningún asunto do pleno que estea delegado na Xunta de Goberno, TEGA mantivo a moción pero eliminado esa parte do texto, aínda que mantendo que os grupos reciban cumprida conta do tratado nas sesións no mesmo día da súa celebración. Con esas variacións, e despois de aclarar o Alcalde, Evencio Ferrero, que non habería ningún problema en facelo xa que se trata dun trámite administrativo, a proposta foi aprobada por unanimidade.

Para pechar o pleno, o PP presentou unha moción polo trámite de urxencia relativa a que se defenda o bo nome e a imaxe dos carballeses e carballesas ante publicacións na prensa referidas á delincuencia na vila. A maioría dos grupos considerou insuficiente a argumentación do grupo popular e a proposta foi rexeitada cos votos en contra de todos os concelleiros excepto os do PP.

Compartir: