Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Xiria Pop chega á maioría de idade mantendo a...

VENRES 18 E SÁBADO 19 DE SETEMBRO NA SALA DUBLÍN

O Xiria Pop chega á maioría de idade mantendo a súa aposta pola calidade e con The Bevis Frond como cabeza de cartel

Xoves 10 de setembro do 2015

As citas do primeiro día complétanse cos cataláns Biscuit, Salto dende Madrid e os composteláns Puma Pumku, que xa visitaron este ano o Sereas e Piratas, pero que Graña asegura entre risos que el xa os tiña contratado para o Xiria Pop antes ca eles. Biscuit xa visitaron o festival e son uns veteranos en Carballo, pero volven un ano máis xa que a súa admiración por The Bevis Frond lles fixo pelexar por vir e compartir cartel con eles. Salto é un grupo novo de Madrid que conta cun carballés no baixo e que está despegando con éxito. O sábado o festival recupera a súa vena máis rockera e tamén a un dos grupos que máis pegaron a finais dos 80 e primeiros dos anos 90, BB sin sed, de Sabadell. No seu momento sacaran tres discos moi bos pero non tiveron continuidade, ata que hai pouco decidiron volver cos cinco membros orixinais do grupo. De Santander chegan Los Tupper e de moi preto, de San Sebastián, Lie Detectors. Graña asegura dos vascos que acaban de comezar e "están arrasando" coa súa música, de tal forma que decidiu traelos ao festival despois de ver un vídeo deles en Facebook. Por último, abre a noite do sábado Cabezafuego, dende Villava. Un músico "con moitas horas de voo", segundo Graña, e que xa actuou na Sala Dublín.

Como é habitual, ademais das actuacións musicais, o Xiria Pop inclúe actividades paralelas, este ano centradas na presentación de dous libros. O venres 18, tamén na Sala Dublín pero ás 19.30 horas, Fernando Fernández Rego falará da súa biografía de Andrés do Barro, titulada "Saudade"; e o sábado, no mesmo sitio e á mesma hora, Jaime Gonzalo, coñecido por ser cofundador da revista Ruta 66, presenta a súa triloxía sobre o rock and roll "Poder freak: una crónica de la contracultura", na que relata a evolución do movemento contracultural dende os anos 60 ata hoxe en día. Os libros únense á música de calidade nun dos festivais de referencia de Galicia. Tendes máis información no Facebook do festival: www.facebook.com/XiriaPop.

Compartir: