Inicio Carballo ao día Hemeroteca O 4º Autocross Carballo espera aos mellores...

A PROBA É PUNTUABLE PARA O CAMPIONATO GALEGO E A COPA DE GALICIA

O 4º Autocross Carballo espera aos mellores pilotos galegos no Circuíto de Motor de Bértoa o sábado 19 de setembro

Martes 15 de setembro do 2015

Respecto dos favoritos, en kartcross é onde está máis clara a clasificación, co carballés Maikel Vilariño como líder on 55 puntos máis que Joaquín Chamorro. O terceiro é outro carballés, Javier Ramilo Queijo. En menos de 1.600 cc a loita está entre dous carballeses: Alberto Varela e Daniel Castro. O primeiro ten 197 puntos e o segundo, 148. En máis de 1.600 cc, o larachés Gabriel Serrano mantén unha diferenza de tan só 14 puntos co pontevedrés Celestino Igrexas. E finalmente, en 4x4 o cercedense Perfecto Calviño é o líder con 33 puntos máis que o seu perseguidor, Esteban Pérez. Espectáculo asegurado nunha cita que reúne aos mellores pilotos galegos.

Compartir: