Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Fiotiño estende a maxia das artes escénicas a...

O PROGRAMA INFANTIL TRIPLÍCASE NESTA XXIV EDICIÓN DO FIOT

O Fiotiño estende a maxia das artes escénicas a cinco días de actividades para case 60 nenos

Venres 18 de setembro do 2015

Co obxectivo de seguir achegando as artes escénicas ao público de todas as idades, nesta 24 edición as actividades dedicadas ao público infantil do FIOT decidiron ampliarse con dous interesantes obradoiros. O primeiro deles, denominado "Como facer un conto?" terá lugar o sábado 10 de outubro (11.00 a 13.00h) no Pazo da Cultura, estando dirixido a rapaces de a partir de 9 anos. Trátase dunha experiencia para estimular a linguaxe oral, a imaxinación e a creatividade, ademais de xogar coas propias emocións e as dos compañeirospara mellorar a empatía e a autoestima. A terceira proposta do Fiotiño 2015 leva por título "Locutores de radio", os sábados 17, 24 e 31 de outubro (de 11.00 a 13.00h) na Biblioteca Rego da Balsa. En tres xornadas intensas, os asistentes aprenderán a escribir e dramatizar un guión teatral para radio. A actividade, dirixida a nenos a partir de 10 anos, concíbese coma unha experiencia única para fomentar a creatividade, a expresividade e o traballo en equipo. Ambos obradoiros desenvolveranse no Pazo da Cultura e contan, cada un, con 15 prazas. Os interesados en inscribirse deben dirixirse ao 1º andar do Pazo da Cultura de Carballo (rúa do Pan, s/n), sede do FIOT desde este luns 21 ás 11.00h ao martes 29 de setembro ás 14.00h. Para máis información, o teléfono de contacto é o 981 704 300.

Compartir: