Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo intégrase na rede de concellos...

O CONCELLO SOLICITA A COLABORACIÓN CIDADÁ PARA OS ACOLLEMENTOS

Carballo intégrase na rede de concellos acolledores de persoas refuxiadas pola guerra de Siria e prepara un dispositivo especial

Sábado 19 de setembro do 2015

Porén, dende a Concellaría de Igualdade e Benestar faise un chamamento á colaboración dos propietarios e propietarias que estean en disposición de ceder pisos ou casas. "Nós temos recursos, pero non temos vivendas", explica Maica Ures. Esas vivendas pasarían a formar parte do banco de aluguer, de maneira que o Concello subscribiría os seguros correspondentes e cubriría tamén todos os gastos de mantemento e impostos municipais. O obxectivo da Concellaría de Igualdade e Benestar é dispoñer dunha oferta o máis ampla posible aínda que finalmente non chegue a ser precisa. A concelleira tamén pide a colaboración das veciñas e veciños que se ofreceron para acoller refuxiados para que -dado que ese tipo de asilo non está previsto- realicen tarefas de acompañamento para todo tipo de trámites administrativos. Nese sentido, dende o departamento de Igualdade e Benestar tamén se pide a colaboración de avogados, psicólogos e calquera outro profesional que poida ofrecer os seus servizos ás persoas refuxiadas. En principio a chegada das primeiras persoas refuxiadas está prevista para dentro de seis meses e a súa acollida en Galicia faríase de xeito gradual ao longo dos dous anos seguintes.

Compartir: