Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e a Deputación chegan a acordo para...

A ADMINISTRACIÓN LOCAL REITEROU A NECESIDADE DE ABORDAR AS OBRAS

O Concello e a Deputación chegan a acordo para facer posible o proxecto de mellora da travesía de Sísamo, a DP-1901

Martes 22 de setembro do 2015

O proxecto completo de acondicionamento incluiría, non só a execución desta primeira fase, senón de treitos sucesivos ata que a travesía ao completo pasase a estar xestionada pola administración local. A xuntanza contou coa presenza dun técnico do organismo provincial, así como do Concelleiro de Obras, Luís Lamas, a Concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana, Milagros Lantes, e o deputado provincial e Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira. Ademais de formularlle a mellora da travesía de Sísamo, unha das actuacións que se consideran máis urxentes, a reunión tamén serviu para solicitar outras melloras, nomeadamente en relación á seguridade viaria na estrada de Carballo a Razo en dous puntos: á altura dos accesos ao IES Parga Pondal e tamén á altura da parroquia de Oza. No primeiro caso, pola elevada intensidade de circulación de peóns a certas horas, especialmente á entrada e saída das clases durante o período lectivo; no segundo nos lugares de As Encrucilladas e As Torres co obxectivo de reducir a alta siniestralidade viaria que se produce nese tramo. A reunión transcorreu nun ambiente cordial e de colaboración entre as dúas administracións.

Compartir: