Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Fórum celebra unha Xornada de portas abertas na...

MÉRCORES 30 DE SETEMBRO A PARTIR DAS 11.30 HORAS

O Fórum celebra unha Xornada de portas abertas na Aula de Hostalería para profesionais do sector e público en xeral

Luns 28 de setembro do 2015

No curso de operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e telecomunicacións, que inclúe 398 horas de formación teórica e práctica, o proceso de aprendizaxe comeza co ensino de instalacións básicas e remata con domótica. Por último, o Alcalde visitou a Escola de Hostalería, na que está a desenvolverse un curso de servizos de restaurante de 598 horas de duración, e na que os alumnos e alumnas realizaron unha pequena demostración práctica dos coñecementos adquiridos ata o momento. Os cursos AFD, subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar, tamén inclúen prácticas en empresas, módulos transversais sobre formación para a igualdade, inserción laboral, sensibilización medioambiental, creación de empresas e prevención de riscos laborais. Todas estas accións formativas levan aparellada a obtención dun certificado oficial de profesionalidade.

Compartir: