Inicio Carballo ao día Hemeroteca A creación contemporánea de Vaivén Circo...

A CITA É A PARTIR DAS 20.30H E A ENTRADA É DE BALDE

A creación contemporánea de Vaivén Circo "Hábitat" abre o XXIV FIOT na Praza do Concello de Carballo

Xoves 24 de setembro do 2015

Pero, como normalmente ocorre nas relacións humanas, xorden pequenas rifas que se teñen que superar con humor, con poesía, con risco, con circo, nun ambiente que transportará aos espectadores a un mundo cheo de matices. O deseño da escenografía e do vestiario leva a firma de Vaivén Circo, sendo a música orixinal de Iván Monje e a coreografía de Raquel Pretel e Natalia Ferrándiz. "Deshábitat" está dirixida por Rosa Díaz, Premio Nacional para la Juventud 2011. Con catro traballos na súa traxectoria, o equipo multidisciplinar de Vaivén Circo está formado por Miguel Moreno "Bolo" e Raquel Pretel (os fundadores), Chema Martín e Emilio López. Desde a súa creación en 2008 foron reservando un espazo propio no panorama nacional e internacional grazas á súa presenza nos festivais máis relevantes entre os que cabe destacar Shizuoka (Xapón) "Copa del Mundo de Artistas de Calle, Daidogei", como invitados especiais. Proba da súa boa acollida é que co seu anterior espectáculo "Do not disturb" estiveron 3 anos de xira, recorrendo gran parte de Europa e sumando unhas 270 funciones.

Homenaxe a Alberto GendeO FIOT e o festival de música Sereas e Piratas únense o sábado 26 (13.00h) na rúa Coruña para lembrar a Alberto Gende, deseñador gráfico, Xograr de Outono 2012 e creador da imaxe de ambos eventos durante anos. No caso do FIOT, desde os seus inicios ata o 2011. Esta sesión vermú, que volve levar o Outono de Teatro á rúa, é un concerto homenaxe ao creador a cargo dos seus amigos do mundo da música: Luís Rivera e membros da primeira formación de Chicharrón, entre eles Alberto, que presentarán os seus respectivos discos dedicados ao carballés. En caso de choiva, a cita será no bar A Barra (r/ Vázquez de Parga, 30).

Venda de bonos: a partir do venres 25 de setembroA partir do venres 25 de setembro, o público en xeral poderá comprar os bonos aínda dispoñibles (70€ e 65€ prezo reducido) e entradas soltas para as funcións de sala a través do sistema de televenda de <ataquilla.com> (antes Servinova) ou no teléfono 902 504 500 (de 9.00 a 22.00 horas). De quedar butacas libres, os espectadores poden acudir á billeteira do Pazo da Cultura, hora e media antes do inicio (19.30 a 21.00 horas) de cada función. Tamén a partir do venres os tickets da Rúa dos Contos poderán adquirirse tanto os días de función como antes nos locais participantes, excepto para as sesións dobres da Rúa dos Contos (4 e 10/10) que se fará vía telemática e na billeteira do Mercado Municipal os días de función. Os socios de Telón e Aparte terán o 50 por cento de desconto presentando o seu carné.

O FIOT está coorganizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo; e conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Agadic, da Deputación da Coruña e do Ministerio de Cultura a través do Inaem, así como de Fundación Luís Calvo Sanz.

Compartir: