Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicadas na Xunta de Goberno obras de...

LUZ VERDE PARA A LICENZA DE OBRA DE ROMAY CASTRO NO POLÍGONO

Adxudicadas na Xunta de Goberno obras de saneamento na parroquia de Bértoa por preto de 150.000 euros

Luns 28 de setembro do 2015

No apartado de contratación, a sesión tamén supuxo a aprobación do contrato administrativo de "Subministro dun vehículo furgón destinado ao Centro Municipal de Formación do Concello de Carballo". Seguirase un procedemento aberto con varios criterios de adxudicación, cun orzamento de licitación de 26.000 euros. O anuncio será publicado no BOP e abrirase un período para presentar ofertas de 15 días naturais. No que se refire a convenios, a Xunta de Goberno sacou adiante un acordo entre o Concello e Recursos Consultoría e Formación para a realización de prácticas formativas entre o alumnado do Curso Docencia da Formación Profesional para o emprego. O período de prácticas será dunha duración de 40 horas. Por último, a sesión supuxo luz verde para tres licenzas de obra e para unha licenza de obra e apertura.

Compartir: