Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Delegación do Goberno tramitará diante do...

XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE A FINAIS DO MES DE OUTUBRO

A Delegación do Goberno tramitará diante do Ministerio do Interior a solicitude para que regrese á vila a Policía Nacional

Mércores 30 de setembro do 2015

A xuntanza tamén serviu para fixar a data da próxima Xunta Local de Seguridade, que está previsto que teña lugar a finais do mes de outubro. O Alcalde sinala que no período dende a celebración da última reunión non se teñen rexistrado situacións anómalas e que os índices permanecen na súa maior parte dentro dos índices habituais. Aínda así, durante a Xunta abordaranse os datos polo miúdo. Villanueva, Atán, Ferrero e Lantes tamén falaron do seguimento da aplicación da normativa para uso da pólvora nas celebracións e festexos, non só no caso da confraría que organiza a procesión do 25 de xuño, senón tamén para o uso dos artefactos pirotécnicos nas festas das parroquias. Relataron que non se ten rexistrado ningunha incidencia. E por último, tamén se falou de temas relativos á administración local, como a aplicación da regra do gasto, ou a contratación de persoal.

Compartir: