Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Fiotiño arrinca co campamento

DAS 19.00H DO VENRES 2 ÁS 11.30H DO SÁBADO 3 DE OUTUBRO

O Fiotiño arrinca co campamento

Venres 2 de outubro do 2015

Ademais da "Noite branca" e co obxectivo de seguir achegando as artes escénicas ao público de todas as idades, nesta 24 edición as actividades dedicadas ao público infantil do FIOT decidiron ampliarse con outros dous interesantes obradoiros, cada un con 15 prazas. O primeiro deles, denominado "Como facer un conto?" terá lugar o sábado 10 de outubro (11.00 a 13.00h) no Pazo da Cultura, estando dirixido a rapaces e rapazas a partir de 9 anos. Trátase dunha experiencia para estimular a linguaxe oral, a imaxinación e a creatividade, ademais de xogar coas propias emocións e as dos compañeiros para mellorar a empatía e a autoestima. A terceira proposta do Fiotiño 2015 leva por título "Locutores de radio". Será todos os sábados 17, 24 e 31 de outubro (de 11.00 a 13.00h) na Biblioteca Rego da Balsa. En tres xornadas intensas, os 15 asistentes (nenos e nenas a partir de 10 anos) aprenderán a escribir e dramatizar un guión teatral para radio. Serán tres xornadas para vivir unha experiencia única para fomentar a creatividade, a expresividade e o traballo en equipo nas instalacións da nova biblioteca do Rego da Balsa.

Os interesados e interesadas poden descargar o programa completo da "Noite branca no teatro" máis abaixo en pdf nesta mesma nova.

Compartir: