Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arrincan o luns 5 de outubro os traballos de...

AÍNDA NON HABERÁ CORTES DE TRÁFICO NAS RÚAS DA CONTORNA

Arrincan o luns 5 de outubro os traballos de reurbanización da zona do Chorís coa dotación dos servizos na rúa Vila de Noia

Sábado 3 de outubro do 2015

Respecto da actuación prevista, consistirá no reacondicionamento das beirarrúas e na actualización dos servizos, incluíndo o saneamento e abastecemento de auga, e os servizos de gas e da rede eléctrica. Regularanse os aparcadoiros, coa súa redistribución, xa que pasarán a estar en batería; e co seu acondicionamento. Crearanse novas áreas de estacionamento, co acondicionamento da que xa está en uso no solar municipal dos depósitos de auga; e con outra nova área de aparcadoiros na rúa Vila de Coristanco, preto do CEIP Fogar. Habilitarase unha glorieta para regular a circulación na confluencia das rúas Avenida de Bergantiños e Vila de Corcubión. Plantaranse 34 árbores e crearase unha pista perimetral de 1,5 metros de ancho arredor de toda a mazá para a práctica deportiva. O orzamento total dos traballos -incluídos no Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2015 da Deputación da Coruña- é de 344.420 euros, mentres que o seu prazo de execución é de nove meses a contar dende o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación de reformulo.

Compartir: