Inicio Carballo ao día Hemeroteca O FIOT desenvolve por segundo ano consecutivo a...

OS MARTES DO FESTIVAL ÁS 20.30 HORAS NO PAZO DA CULTURA

O FIOT desenvolve por segundo ano consecutivo a novidosa Escola do Espectador baixo a batuta do crítico teatral Camilo Franco

Martes 6 de outubro do 2015

De feito, na presentación do FIOT 2015 o pasado 16 de setembro, a organización destacou que tras 24 anos de traballo, o seu obxectivo é "ampliar e fortalecer os lazos que unen ao Outono de Teatro co público, xa que este é o propósito último co que traballamos de novembro a outubro porque no público está o alento, a forza e o futuro do FIOT". Os interesados en anotarse na Escola do Espectador poden facelo no email <fiot.carballo@gmail.com> desde hoxe mesmo. A asistencia é libre. Para máis información, o teléfono de contacto é o 981 704 300, extensión 2 ou a través do mesmo correo electrónico. A temática das sesións será a seguinte:

  • 6/10: Comedia e comedias. Como rirse hoxe.
  • 20/10: Teatro político. Do panfleto á intervención.
  • 27/10: Como volver aos clásicos cada vez.
  • Día por determinar: Que pasa no teatro cando non é un xénero.

Compartir: