Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Biblioteca Rego da Balsa programa actividades...

ENTRE OUTUBRO E DECEMBRO NAS INSTALACIÓNS DA RÚA BOS AIRES

A Biblioteca Rego da Balsa programa actividades para nenos e adultos con faladoiros, contacontos ou presentacións de libros

Xoves 8 de outubro do 2015

No caso do programa "Os Ratos do Rego da Balsa" é preciso recoller un convite previo á celebración da actividade. A recollida de convites debe realizarse na propia Biblioteca dende unha semana antes ao comezo da cita. Hai que lembrar que o horario das instalacións é de luns a venres de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas, e os sábados de 10.00 a 13.00 horas. E a Biblioteca San Xoán Bautista, situada no antigo cárcere, a carón do Museo de Bergantiños, funciona dende setembro de forma ininterrompida en horario de 9.30 a 20.00 horas de luns a venres co obxectivo de que os horarios de ámbolos dous servizos sexan complementarios. Así mesmo, o Concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, lembrou que o seu departamento está a traballar na apertura do primeiro andar da Biblioteca Rego da Balsa, non só para actividades esporádicas, como se vén facendo até o de agora, senón tamén como zona de lectura e estudo, aproveitando ao máximo o novo espazo; e avanzou que está previsto crear un Club de Lectura na Biblioteca Rego da Balsa que está previsto que estea en funcionamento entre finais deste ano e primeiros de 2016.

Os interesados e interesadas poden descargar o programa completo de actividades da Biblioteca, así como o programa completo de "Os Ratos do Rego da Balsa", en dous documentos en pdf nesta mesma nova.

Compartir: