Inicio Carballo ao día Hemeroteca O FIOT chega ao seu ecuador con referentes como...

O OTNI TRAE MICRO TEATRO CON PEZ LIMBO E "MAMÁ GALLINA"

O FIOT chega ao seu ecuador con referentes como Blanca Portillo e Inma Cuevas con funcións toda a fin de semana

Xoves 15 de outubro do 2015

Nesta obra, o cineasta Agustí Villaronga (director da premiada película "Pa Negre" nos Goya 2011) debuta na dirección teatral cun poderoso texto escrito por Colm Tóibín e coa impoñente escenografía do artista Frederic Amat, así como unha exquisita produción. Dirixida con mestría por Fernando Soto e interpretada por dous excelentes actores (Fran Calvo e Inma Cuevas), "Constelaciones" (7 €) -a premiada e orixinal peza do británico Nick Payne-, explora o libre albedrío, a amizade, a teoría do universo cuántico, facendo que o amor e o mel se unan para vivir universos paralelos e descubrir o segredo da inmortalidade. Para xuntar estes dous universos opostos que se atopan, o domingo 18 ás 21.00 horas Inma Cuevas (Premio á mellor actriz protagonista 2015 pola Unión de Actores) interpreta a unha física cuántica que coñece a un apicultor caracterizado por Fran Calvo. Entre eles as posibilidades serán ilimitadas nunha emocionante e intelixente historia de amor (ou varias), que tamén inclúe humor e drama, e que nos atrapa nos infinitos mundos posibles. Aínda quedan entradas para vela, que poden mercarse en <ataquilla.com>

Humor no ciclo OTNIContinuando co ciclo OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado), o sábado 17 os vascos de Pez Limbo realizarán varias funcións da súa comedia "Mamá Gallina" (1 €), unha peza de microteatro que se representará no Pazo da Cultura desde as 12.30 ata as 20.30 horas (12.30 h / 13.00 h /19.00 h / 19.30 h / 20.00 h / 20.30 h). Esta obra contén grandes doses de humor en pequeno formato (15 minutos de duración), que achega feitos insólitos a espazos cotiáns provocando situacións inverosímiles. A historia fala dun embarazo longo dunha nai novata, que saíu de contas en pleno mundial do 82 e que acode ao médico para una revisión rutinaria. A partir de aí, converterase en toda unha reflexión sobre algo máis profundo, pero sempre aderezada cun bo sentido do humor.

Debido ás prazas limitadas (15 persoas por función), os interesados poden reservar dende xa a súa entrada chamando ao Pazo da Cultura no número 981 704 300. Unha vez feita a reserva (o prazo remata o venres ás 21.00h), poderán mercar por tan só 1€ as súas entradas (gratis para os abonados), que deberán recoller na billeteira do mesmo Pazo da Cultura ata o venres ou o sábado antes da función.

Máis Fiotiño e Dálle un bocado ao FIOTPara completar as actividades dedicadas ao público infantil do FIOT, este ano tamén se oferta un segundo e novo obradoiro, denominado "Locutores de radio", no que 15 rapaces a partir de 10 anos aprenderán a escribir un guión para a radio vinculado ao mundo do teatro. Trátase dunha experiencia única para fomentar a creatividade, a expresividade e o traballo en equipo a través dun divertido xogo de radio para dramatizar e crear historias. A primeira xornada deste taller (do cal xa se esgotaron todas as súas prazas) será este sábado 17 entre as 11.00 e as 13.00h e volverá a celebrarse neste mesmo horario os vindeiros 24 e 31 de outubro na Biblioteca Rego da Balsa.

O teatro pode comerse e boa mostra disto é "Dálle un bocado ao FIOT", unha actividade do festival no que participan 14 establecementos de hostalería de Carballo, que durante este mes de outubro preparan os seus bocados especiais inspirados no Outono de Teatro. Con nomes tan orixinais como "Milhojas para Julieta", "Otelo", "Fiotiño de mar" ou "Un soñador para un pobo", cada local bebe das fontes da escena teatral para ofrecer unha proposta distinta, orixinal e especial para o festival. Segundo o tipo de negocio (participan restaurantes, cervexerías, viñotecas ou cafeterías), serviranse tapas a 2 € ou almorzos a 3 €. Todos e todas os que proben unha destas tapas, petiscos ou almorzos participan nun sorteo de entradas para o FIOT de 2016, ademais dun aloxamento gratuíto nun establecemento de Carballo para poder asistir á función. O gañador do ano pasado é Manuel Rial Santos, que este ano asistirá gratis a unha representación.

Compartir: