Inicio Carballo ao día Hemeroteca A canceira municipal ten facilitado a adopción de...

NESTES MOMENTOS HAI CATRO ANIMAIS ESPERANDO UN FOGAR

A canceira municipal ten facilitado a adopción de 125 cans e cadelas dende o comezo do servizo a finais de novembro de 2012

Venres 16 de outubro do 2015

Respecto das normas e recomendacións para os posuidores de cans e cadelas, hai que lembrar que é obrigatorio terlle microchip ao noso can, de tal xeito que cando se atopa un animal extraviado podemos devolvelo ao seu dono sen grande dificultade. Quen non o teña debe facelo, é importante. Tamén lembramos que a Canceira municipal está no Parque Empresarial de Bértoa, compartindo instalacións co Punto Limpo: "Un can é un amigo, non un xoguete. Se queres ter un, non o merques. Adóptao na canceira e nunca o abandones". O horario da Canceira é: xoves e sábados de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas. Os teléfonos son o 981 754 917 e 981 704 100; e o enderezo electrónico é <carballo@laceriaservigal.es>. Desde Carballo Limpo, agradécese de antemán a colaboración da cidadanía chamando ao 981 75 49 17, na web <www.carballolimpo.com> ou en Twitter en @CarballoLimpo. Os interesados e interesadas poden consultar o web da Canceira nesta mesma nova.

Compartir: