Inicio Carballo ao día Hemeroteca Draft.Inn e Inma Cuevas convidan ao público a...

O VENRES 16 E O DOMINGO 18 ÁS 19.00H NA SALA DE TV DO PAZO

Draft.Inn e Inma Cuevas convidan ao público a participar no "Café con..." do FIOT durante esta fin de semana

Venres 16 de outubro do 2015

Para os amantes do ciclo OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado) e para aqueles que teñan ganas de gozar dun bo momento de humor, este sábado 17 os vascos de Pez Limbo realizarán varias funcións da súa comedia "Mamá Gallina" (1€). Esta peza de microteatro representaráse no Pazo da Cultura desde as 12.30 ata as 20.30h (12.30h / 13.00h /19.00h / 19.30h / 20.00h / 20.30h). Esta obra contén grandes doses de humor en pequeno formato (15 minutos de duración), que achega feitos insólitos a espazos cotiáns provocando situacións inverosímiles. A historia fala dun embarazo longo dunha nai novata, que saíu de contas en pleno mundial do 82 e que acode ao médico para una revisión rutinaria. A partir de aí, converterase en toda unha reflexión sobre algo máis profundo, pero sempre aderezada cun bo sentido do humor. Debido ás prazas limitadas (15 persoas por función), os interesados poden reservar dende xa a súa entrada chamando ao Pazo da Cultura no número 981 704 300. Unha vez feita a reserva (o prazo remata hoxe ás 21.00h), poderán mercar por tan só 1€ as súas entradas (gratis para os abonados), que deberán recoller na billeteira do mesmo Pazo da Cultura hoxe ou mañá sábado antes da función.

Compartir: