Inicio Carballo ao día Hemeroteca O FIOT acolle a estrea de "Los esclavos de mis...

O SÁBADO 24 DE OUTUBRO ÁS 21.00 HORAS

O FIOT acolle a estrea de "Los esclavos de mis esclavos", proposta da compañía madrileña Producciones Meridional

Mércores 21 de outubro do 2015

O argumento céntrase na campaña electoral do Presidente, que visita persoalmente os votantes nas súas casas para convencelos de que a súa opción é a mellor. A través de familias de distintos contextos sociais e ideolóxicos, o Presidente non desiste ante o que vaticinan as enquisas e intentará construír unha versión dos feitos a súa medida. Quen saberá despois cal é a orixinal? Antes da función, ás 19.00h, terá lugar o "Café con...", no que os espectadores poderán conversar coa compañía e actores de "Presidente" para coñecer de primeira man a obra e resolver dúbidas e curiosidades mentras gozan dun agradable momento tomando un café. A sexta edición do Ciclo OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado) traerá este sábado 25 ás 21.00h a Galicia a estrea da obra "Locus Amoenus" (3€), dos cataláns Atresbandes, unha compañía que, pese á súa xuventude, ten xa unha relevante proxección internacional. Gañadora do Premio á Mellor Dirección no Skena Up Festival de Kosovo e finalista do Premio BBVA de Teatro, trátase dun traballo de creación colectiva, representado desde a naturalidade e inspirado no relato "El Túnel", de F. Dürrenmatt. Esta peza vai na procura do "Locus "Amoenus", un lugar idílico, de confort, que na actualidade é sinónimo de pracer, xuventude eterna e vacacións da realidade. Na busca dese estado atópanse as súas personaxes, que conversan entre eles mentras esperan o descarrilamento do tren no que viaxan e que terá como consecuencia inevitable a súa propia morte.

Susana Dans, Xograr de Outono 2015Coñecida como a dama do teatro galego debido á súa impecable traxectoria profesional sobre os escenarios, o Xograr de Outono deste ano vai parar ás mans de Susana Dans, unha actriz que destaca polas súas grandes interpretacións nas máis importantes compañías galegas, así como por ter un dos currículos artísticos máis completos das actrices na nosa comunidade. Dado que este nomeamento honorífico do FIOT se concede a unha persoa ou entidade que acumula un papel activo na promoción e desenvolvemento do teatro en Galicia, o xurado considera que a figura de Susana Dans non pode ser máis axeitada. O seu estilo e profesionalidade sobre os escenarios son ben coñecidos polo público carballés por ter participado en moitos espectáculos, tanto do FIOT como doutros programas culturais, ademais de polos seus traballos en televisión e cine. O acto de entrega do galardón está previsto para este venres 23 ás 21.00h, previo á función de "Presidente". Para continuar coas actividades dedicadas ao público infantil do FIOT, o sábado 24 entre as 10.30 e as 13.00h celebrarase a segunda sesión do obradoiro "Locutores de radio", no que 15 rapaces a partir de 10 anos aprenden a escribir un guión para a radio vinculado ao mundo do teatro. Trátase dunha experiencia única para fomentar a creatividade, a expresividade e o traballo en equipo a través dun divertido xogo de radio para dramatizar e crear historias. Ademais desta semana, o vindeiro 31 de outubro volverá ter lugar este taller na Biblioteca Rego da Balsa. Debido á gran demanda, todas as prazas para este obradoiro xa están esgotadas.

Compartir: